Biografía

 

Cristina Corral Soilán naceu en Lugo durante o verán do 76

Escritora, xornalista e profesora de secundaria de Lingua e Literatura Española.

É xornalista e licenciada en Hispánicas, pola Universidade Camilo José Cela (UCJC) e a Universidade de Santiago (USC) respectivamente. Nesta última cursou tamén estudos de Filoloxía Inglesa. Ademáis estudou o Grao de Educación primaria na Universidade da Coruña (UDC) e na UCJC.

Realizou os Cursos de Doutorado no programa de Educación, Diploma de Estudios Avanzados (DEA) en Educación e Creatividade: Aplicacións Tecnolóxicas, Sociais e Psicopedagóxicas na UCJC.

Ten traballado como xornalista no xornal El Progreso de Lugo e na axencia de novas Europa Press. Foi guionista en Netex e subdirectora da Revista Foeminas da Casa da Muller do Concello de Lugo. Na actualidade exerce como profesora de secundaria de Lingua e Literatura Española.

Participa activamente na docencia ao profesorado dando cursos de poesía para crianzas nas aulas de infantil e secundaria e dende o 2017 codirixe o proxecto Rede Espora (EScolas POla RAdio) onde imparte talleres de radio nos centros educativos de Galicia.

É autora dos poemarios Anxos de Pedra (Scio, 2001), Esencia de Trementina (Scio, 2008) e Ficar (Urutau, 2019) ademáis de participar en diversas antoloxías poéticas do mundo lusofono. Escribe obras de literatura infantil, teatro e cancións para nen@s e tamén o fai para diversas revistas como Xistral ou Trasluz.

Colabora con diversos medios dixitais como Galicia Digital, Praza Pública ou Galicia Confidencial, ademais de ser coeditora do fanzine sociocultural online A Revolta.