Literatura infantil

No Faiado (Embora, 2022)

 

No Faiado (Embora, 2022)

Cada unha das estrofas do poemario describe obxectos nos que as letras do abecedario son protagonistas.

Unha historia de aventuras de xoguetes no faiado da casa do avó e da avoa. (ler máis)

Don Ferretín Ferretón e o seu Cadelo Lambón (Barafunda, 2019)

 

Don Ferretín Ferretón e o seu Cadelo Lambón (Barafunda, 2019)

Don Ferretín Ferretón tiña un can guapo e larpeiro un deses cans que din de palleiro. Ata que un día pasou o que pasa… Maruxiña vou por leña ao monte, volto antes do solpor!

Descubre as incribles aventuras que lle acontecen a Don Ferretín e a Dona Maruxiña da man do seu cadelo lambón, un auténtico «Can de Palleiro», raza autóctona de Galicia (ler máis)


De paseo con Helena (Embora, 2017)

De paseo con Helena (Embora, 2017)

Hoxe iremos de paseo con Helena e o seu avó Luís. Con ela e con el percorreremos a cidade de Pontevedra e coñeceremos todas esas historias interesantes que sabe Luís e que lle vai ir contando á súa neta, e tamén a nós, por suposto, para que poidamos seguir … (ler máis)

De paseo con Paulo (Embora, 2015)

De paseo con Paulo (Embora, 2015)

Hoxe iremos de paseo con Paulo e coa súa avoa María. Con el e con ela percorreremos a cidade de Lugo e coñeceremos todas esas historias bonitas que sabe María e que lle vai ir contando ó seu neto, e tamén a nós, por suposto, para que poidamos seguir… (ler máis)


De paseo con Crunia (Embora, 2015)

De paseo con Crunia (Embora, 2015)

As avoas e os avós son xente moi sabia. Cando imos canda elas e canda eles, cóntannos unhas historias incribles que lles aconteceron, tanto a elas ou eles, coma ás súas amizades. Ás veces chegamos a ter a sensación de que viviron mil vidas … (ler máis)

A historia fascinante da vaca rodante (Everest, 2013)

A historia fascinante da vaca rodante (Everest, 2013)

Pastora é rubia, rubia e galega. Ademáis é curiosa e nunca viu o mar, por iso cando se entera de que en A Fonsagrada, preto de onde ela vive pode estar o mar, non dubida en ir buscalo. O problema… que as presas e a curiosidade vana meter nunha pequena lea … (ler máis)


Os poemas do río

Os poemas do río (Everest, 2012)

Esta pequena obriña teatral composta en verso fala dunha xornada na aula dunha mestra. A profesora le co alumnado poemas que van compoñendo eles/as mesmos/as e que conforman a historia dunha fraga de animais que recitan tamén… (ler máis)

Irene en Oriente Próximo (Solidaridad Internacional, 2012)

Irene viaxa por todo o mundo coñecendo lugares fantásticos co seu pai e coa súa nai, que son cooperantes en Solidariedade Internacional de Galicia, unha ONG que trabilla en países pobres.

Este conto fala da súa viaxe a través de distintos países de Oriente Próximo.