Os poemas do río (Everest, 2012)

Esta pequena obriña teatral composta en verso fala dunha xornada na aula dunha mestra. A profesora le co alumnado poemas que van compoñendo eles/as mesmos/as e que conforman a historia dunha fraga de animais que recitan tamén.

Na obra e nos poemas tod@s prestan especial atención á lectura de versos das poetas galegas (María Mariño, Rosalía de Castro, Francisca Herrera, Pura Vázquez e Filomena Dato) que acompañan a historia que tod@s eles van creando.

Visita a súa web www.ospoemasdorio.com e descarga de balde materiais para traballar a obra de teatro na aula, caretas, música, unidades didácticas sobre as poetas galegas e sobre a igualdade de xénero, personaxes recortables, fichas con actividades, horarios, programas de mans e moitas outras cousas. Ademáis a web conta cunha sección con actividades interactivas para traballar na pizarra dixital da escola.

Detalles técnicos:

Nº de páginas: 36
Encuadernación:Tapa blanda
Editorial: EVEREST
Colección: Ler é vivir
Lengua: Gallego
ISBN: 9788440311870