De paseo con Crunia (Embora, 2015)

As avoas e os avós son xente moi sabia. Cando imos canda elas e canda eles, cóntannos unhas historias incribles que lles aconteceron, tanto a elas ou eles, coma ás súas amizades. Ás veces chegamos a ter a sensación de que viviron mil vidas no canto dunha, como todo o resto da xente. Por esa razón, pasear polas cidades galegas da man das avoas e dos avós parécenos un exercicio estupendo para coñecer de primeira man os recunchos dos lugares que visitamos. Hoxe iremos de paseo con Crunia e co seu avó Xenaro. Con ela e con el percorreremos os barrios da Coruña e coñeceremos todas esas historias bonitas que sabe Xenaro e que lle vai ir contando á súa neta Crunia, e tamén a nós, por suposto, para que poidamos seguir mantendo na cabeza todas as cousas que pasaron nesta bonita cidade galega…

Quedade con nós,
fitade a paisaxe,
benvid@s á Coruña,
vamos de viaxe!

Detalles técnicos:

Nº de páginas: 42
Encuadernación: tapa blanda
Editorial: Edicións Embora
Lengua: Gallego
ISBN: 454269434744929